Atalaia

Invitación de Antes e despois, cunha fotomontaxe con obras dos catro artistas da mostra
> Antes e despois. 1
Datas: 30/03/2012 - 18/05/2012

Descrición

A Galería Espacio48 presenta a exposición colectiva Antes e despois, unha mostra de pezas -nunca antes expostas no espazo da galería-, de catro dos seus artistas habituais:

José Manuel Bouzas (Baños de Molgas, Ourense, 1958), que presenta tres esculturas realizadas en bronce.

Roberto González Fernández (Monforte de Lemos, Lugo, 1948), que aporta á mostra varias obras das míticas series Arriaza e DEAYM.

Vivián (Santiago de Compostela, 1949), con algunhas pezas realizadas en técnica mixta sobre papel que saen por primeira vez dos caixóns do seu estudo.

Xurxo Martiño (Vimianzo, A Coruña, 1964), que reinventa as súas paisaxes arquitectónicas unha e outra vez.

Todas elas son obras de antes, tendo en conta que cada momento vai precedido dun pasado, e que no mesmo instante en que unha peza se materializa deixa de pertencer ao presente, para pertencer ao despois.

De feito, Antes e despois non rematará aquí. Durante o mes de xullo abrirase de novo ao público unha mostra co mesmo nome, pero que se centrará nese momento futuro, no posterior, dando paso a artistas emerxentes que presentarán as súas propostas antes de pechar a primeira fase do programa de exposicións que Espacio48 ten previsto para o 2012.

Texto: Cristina Moreiro Da Costa

Fonte: Galería Espacio 48