Atalaia

Vistas panorámicas e detalles da mostra Antes e despois. 2 (Continuación), na Galería Espacio 48, 2012.
> Antes e despois. 2
Datas: 19/07/2012 - 28/09/2012

Descrición

A Galería Espacio 48 presenta a exposición colectiva Antes e despois. 2 (continuación), unha mostra de pezas de varios artistas representados pola galería e algunhas outras novidades.

Antes e despois. 2 (continuación), é a segunda parte da exposición homónima celebrada en Espacio48 con anterioridade, e supón o peche do ciclo iniciado entón. Un xogo de palabras que se daquela se centrou sobre todo no "antes", agora deixa paso ao "despois", a pezas actuais sobre todo de escultura e debuxo, pero con presenza tamén de pintura, instalación e outras técnicas, en pequeno e mediano formato, que conteñen a esencia de obras actuais que nos din moito do que virá despois, atopándose todos os artistas propostos -aínda que con matices-, nun momento no cal xa teñen un amplo bagaxe (antes) pero aínda lles falta moito por dicir (despois).

Texto: Cristina Moreiro Da Costa

Fonte: Galería Espacio 48