A exposición Teoría e práctica do deserto, expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo.
Nos seus traballos aparece unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas, subliñando a importancia das actitudes no cotiá.
Neste sentido moitos dos seus traballos, mesmo os pictóricos, teñen algo de performance. En ocasións, a performance aparece na radical importancia que asumen na súa obra os procesos e as metodoloxías de traballo, outras veces nunha dinámica de escenificación seriada na que a presenza do artista é un autorretrato autocrítico que permite establecer unha crítica social desde os resortes dun absurdo rigoroso (non hai nada arbitrario ou casual) que ilumina a realidade doutro xeito.
Fonte: CGAC
Conversa entre Antoni Socías, Caramo Fanta e Santiago Olmo. 31 de marzo de 2016
Reportaxe sobre a exposición. Zigzag diario. 19 de abril de 2016