Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936 é unha mostra de fotografías da Colección Telefónica dedicada ao catalán Antoni Arissa (Sant Andreu, 1900 - Barcelona, 1980). A exposición é o resultado do traballo de recuperación de arquivos fotográficos que Fundación Telefónica vén realizando desde hai anos, como o Archivo Fotográfico de Telefónica, Marín, Brangulí ou Virxilio Viéitez. O exhaustivo labor de investigación e restauración realizado polos comisarios Valentín Vallhonrat e Rafael Levenfeld, contribuiu a pór en valor a figura de Arissa como representante da introdución da Nova Visión na fotografía española dos primeiros anos do século XX.
A sombra e o fotógrafo amosa a evolución de Arissa desde o pictorialismo até a vangarda da Nova Visión, e faino a través dunha coidada selección de máis de cento cincuenta fotografías realizadas entre 1922 e 1936. Estas imaxes fálannos dun fotógrafo do seu tempo, que participa dos avances tecnolóxicos e as novas correntes artísticas do medio achegando a súa visión particular a partir dos experimentos realizados na intimidade do seu pequeno taller.
Exposición producida por Fundación Telefónica coa colaboración do Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya.
Fonte: CGAC