Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
O traballo dos artistas Arrieta/Vázquez (Usue Arrieta e Vicente Vázquez) está fortemente ligado ao territorio á vez que trata de lidar coa noción de coreografía. Detrás deste interese, esta parella de artistas levan varios anos rexistrando acontecementos como o ciclismo de velódromo e de montaña (a Volta a España ao seu paso polos Picos de Europa e, máis recentemente, o Tour de Francia) ou as prácticas cuasi-deportivas como o aeromodelismo e as carreiras de goitibeheras en Euskal Herria. Durante o 2012 realizaron un proxecto (presentado na Fundació Antoni Tàpies), en Erzberg, Austria, nunha mina de ferro a ceo aberto no Alpes Austríacos na que se celebra a carreira de Enduro Erzberg Rodeo. Estes proxectos permitíronlles reflexionar en torno á materialidade das relacións de produción post-industriais.
Arrieta/Vázquez formulan xeograficamente a longametraxe, 90º dobre vertente, como un percorrido da montaña ao encoro que, dende o punto de vista temático, pode ser entendido como unha viaxe dende o Tour de Francia a Pireneos Sur (Festival musical e cultural no Pireneo de Huesca). A película é tamén un transcurso do día á noite e da luz á escuridade. Os materiais que compoñen a película e gran parte da exposición son rexistros documentais directos.
Fonte: Galería adhoc