Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Baldo Ramos (Celanova -Ourense-, 1971), presenta na Galería Clérigos de Lugo unha serie de traballos nos que abonda na súa vocación polos cruces entre a imaxe e o texto, o grafismo e a poesía, o significante do trazo e o significado da palabra escrita. Estampas de gran formato, papeis especiais, obras únicas, derivas cara o formato e idea de Libro de artista ou Edición, lévannos diante duns resultados nos que, nesta ocasión, ademais, tén lugar unha nova encrucillada, a do xogo das cores coa presencia do branco, do negro e do vermello que dan título á mostra.
Fonte: Atalaia