Atalaia

Becas de creación artística no extranxeiro Gas Natural Fenosa 2011
> Becas de creación artística Gas Natural Fenosa 2011
Datas: 27/06/2013 - 13/10/2013

Descrición

Antón Cabaleiro, Victoria Diehl e Tamara Feijoo son os tres gañadores da edición 2011 das Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural Fenosa, dirixidas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia de menos de 35 anos de idade.

Nova York, Florencia, Londres e Berlín foron os destinos elixidos polos tres mozos artistas que optaron por desenvolver a súa creación artística nestes importantes centros de renovación da arte.
As bolsas de estudo de Gas Natural Fenosa permitíronlles completar a súa formación artística, ampliar o seu horizonte creativo e impregnarse de novas tendencias e influencias plásticas.
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) presenta nesta exposición o traballo creativo e a evolución artística destes tres artistas ao longo dos últimos dous anos.
Baixo a vocación de colaborar na consolidación dos novos valores artísticos de Galicia e no seu propósito de alentar o permanente desenvolvemento das artes plásticas galegas, Gas Natural Fenosa convoca bienalmente, e dende 1991, as bolsas de creación artística no estranxeiro. Estas bolsas de estudo están destinadas a potenciar e difundir a creatividade dos artistas plásticos e visuais nacidos ou residentes en Galicia.
Fonte: MAC (Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa)