Atalaia

Bernardo Tejeda. Inani similem I, serie Le Combat. Serigrafía dúas tintas sobre papel Disegno 5 de Fabriano 300 grs. 70x70 cm.
> Bernardo Tejeda. Le Combat [à habiter]
Datas: 08/06/2012 - 07/07/2012

Descrición

"Gardián de calquera desvío, o cadrilátero deixa paso a un escenario onde o corpo perde a súa tensión, vestixio de languidez, laxitude intrínseca, evocadora dun corpo despreñado. Restos da loita transmutados a un espazo íntimo, a un habitáculo como paradigma da robusta sensibilidade. Na medida que o espazo habitable está moldeado por unha filosofía contraría á unidade cadrangular instaurada, intentamos controlar non o que existe, senón o que, en nome de ese presuposto, non debería existir.

Linguaxes plásticas e estruturas matemáticas constrúen espazos enigmáticos, producindo sitios desviados na súa unidade principal. Conxunción de realidades levadas ao campo do factible, nun cruzado intercambio alegórico. Un espazo inhabitable onde reside o corpo espido, fronte a outro escenario inhóspito onde, en apariencia, debería habitar. A conceptualización de Bernardo Tejeda (A Havana, Cuba, 1957), conxugada pola reversibilidade técnica de Carlos Salazar -arquitecto colaborador-, subscribe unha produción de lugares enfrontados. A apariencia do corpo queda desvirtuada nun constante intercambio de espazos e formas. Un desafío metaforizado transfigurando o esencial en físico, en lugar sacrificial afastado da irreversible negritude lineal posmoderna.

O esencial preséntase no seu antagonismo e a súa propia imposibilidade de habitar coa que nos atopamos para construir un mundo de orde. Unha machine à habiter, indicaría Le Corbusier, para constituir ao mesmo tiempo o seu contexto total de incertidume. Cando todo está substituído por unha perspectiva lineal, baixo un control ou regra compartida, seguimos habitando unha realidade ou unha ficción? É posible que todo esté implicado nunha regra compartida, nun envite de intercambio de contrapostos. Pel externa de posición singular, semblanza do tanxible o contrario, de victoria ou derrota, o intelixible ou abrupto, ambigüidade que vai alén dun intercambio impropio. As luvas quedan ao descuberto a través da súa pel interna. Unha pel delatada, que amosa unha fráxil condición, a súa nova pegada.

Texto: Rosa Ulpiano (Valencia, 2012)

Fonte: Galería A.deFuga