"O meu traballo pictórico xorde a través do deseño. A partir de aí intento construír o meu propio Pantone para crear o meu traballo. Prescindir da cor axúdame a afastarme da realidade representada. Ademais de ser unha metáfora da opresión urbana é a miña, unha forma de representar como o ser humano se tabica e se pecha, como crea compartimentos estancos, barreiras que impiden o paso e alonxan.
O meu modo de construír os cadros vai acompañado ao modo no que se está a construír na cidade contemporánea: a partir de módulos, ritmos e repeticións.
Na miña obra tamén aparece a incorporación da natureza á cidade chea de ritmos: a contraposición entre o orgánico e o xeométrico. A relación do home coa natureza domesticada. Por iso non creo que estes novos cadros sexan unha excepción no meu traballo. Pero si que ofrecen un espazo de calma. Quizais porque a presenza humana faise evidente a través de pequenos elementos arquitectónicos que axudan, non nos oprimen, non fan que nos sintamos presos nestas estruturas repetitivas que definen a miña obra"
Texto: Bosco Caride