Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Carla Andrade presenta nesta exposición obras realizadas nos últimos tres anos. Pezas nas que traballa arredor de conceptos como o baleiro e o tempo como referentes da comprensión da realidade. Esta mostra aúna proxectos como Geometría de ecos (2013) no que traballa sobre o baleiro en relación coa súa propia expresión, Llueven manchas de tiempo (2014) entendendo o baleiro desde a perspectiva do método, como preparación do estado do espíritu ou Kuch Nahi (2015) nos que a artista concibe ese baleiro como un obxecto físico.
Fonte: Galería Trinta
Texto publicado en Masdearte.com sobre a exposición
Entrevista a Carla Andrade. Uncut