Descrición
Carlota Salgado graduose en Belas Artes e Máster en Arte Contemporánea pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na que actualmente realiza a súa tese doutoral dentro do Departamento de Escultura.
Realizou numerosas exposicións colectivas en Pontevedra, Ourense, Vigo, Madrid e Portugal. En 2010 participa en 15 proxectos de espazo para un espazo (Pazo Torrado, Cambados, Pontevedra) e forma parte da colectiva Proxecto IMAN na Casa das Artes e en A Casa da Arquitectura (Portugal). En outubro de 2011 participa en Chámalle X, Xornadas de Performances (Pontevedra), e na mostra colectiva de Proxectos Fin de Máster (Fundación RAC, Pontevedra). A finais dese ano forma parte do I Encontro de Artistas Novos A Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e goza dunha Bolsa Leonardo en Praga onde participa en diversos proxectos entre os cales destaca unha mostra individual en Muddum Art Space.
En 2012, tras ser finalista en Arte 40, forma parte do elenco de artistas que expoñen no Museo do Traxe de Madrid.
Fonte: Galería 9THE13