Baixo o título Viaxes Guiadas / Guided Tours, Carme Nogueira (Vigo, 1970), presenta na Galería adhoc unha nova exposición que consta de dúas partes correspondentes aos dos últimos proxectos realizados pola artista.
O primeiro deles é Rotterdamweg, realizado en 2009 na cidade de Rotterdam e tras un período de residencia na iniciativa artística Het Wilde Weten. A posición de Carme, como estraña en Rotterdam, fíxolle posible ve-las historias e memorias relatadas neste traballo, desde fóra, relacionando diferentes feitos e momentos históricos e facendo visibles algunhas capas do lugar. O proxecto intenta visualizar non só quen está cuestionando o espazo, senón tamén desde que punto de vista se fai, xa que sabemos que non é posible falar en xeral. Nos percorridos pola cidade, diferentes historias entrecruzáronse coa propia da artista. As frases convertidas en debuxos no chan pertencen a documentos reais. Tamén os debuxos en tiza son unha copia de como os nenos en Rotterdam aprópianse do espazo público. Estes debuxos de tiza esvaécense do mesmo xeito que o fan as memorias. Pero, por un tempo, intentan cuestiona-lo proceso colectivo da memoria. Os debuxos buscan unha resposta. Falan de historias colectivas ou historias persoais que teñen unha relación co colectivo. É importante contar estas historias en comunidade. É un xeito de construir a nosa relación co noso entorno cotiá. Tamén hai un cuestionamento sobre o lugar que a arte ocupa ao contar estas historias, traballando no espacio do relato, empregando as ferramentas da arte e, ao mesmo tempo, cuestionando e abrindo as formas aprendidas da narración. A montaxe instalada na galería establécese coma un arquivo que mostra as accións específicas que a artista levou a cabo na cidade. Cada unha das 10 intervencións relata a historia tanto da cidade coma da transformación da intervención. Con motivo desta exposición a artista realizou 10 posters coas 10 historias. Estes posters forman un percorrido pola cidade, por diferentes espacios representativos dela. Pero tamén atravesan certos tópicos que son, en definitiva, un xeito de entender e crear espacio. O idioma orixinal do traballo é o inglés porque o texto enténdese tamén coma unha imaxe. Non é nin o idioma da autora nin o do país no que traballou, pero é a ferramenta coa que os axentes culturais da cidade se comunican. Esa estrañeza fronte ao idioma (poderiamos dicir que trátase dun inglés internacional) establece un paralelismo co xeito de achegarnos ás diferentes capas dos lugares, ás historias e cómo esas historias foron deixando as súas pegadas no visible. Esta parte da mostra complétase cunha proxección de vídeo, despois de transformar a galería nunha sala de proxección improvisada, contando coa colaboración de La Canalla.
A outra parte da exposición, mostrada no soto da galería -sala Calexón de Núñez-, é outra viaxe guiada, neste caso Porteños, o traballo realizado en Valparaíso, Chile, tras unha invitación de SEACEX para participar en Valparaíso-Intervencións, un proxecto comisariado por Jorge Diez, José Roca e Paulina Varas. A contrucción da paisaxe é o obxecto deste traballo. A partir da visita a Valparaíso, das charlas e da documentación recollida, a artista pensa que o porto é un lugar a partir do cal se creóu a paisaxe da cidade. Dun xeito físico e real, porque é o motor do desenvolvemento, pero tamén no plan discursivo: a relación con España e as loitas de independencia, a relación coa capital do país, o crecemento e os modelos de desenvlvemento, mesmo a influencia inglesa que se pode ver no que, máis tarde, se convertéu en partimonio, pero tamén nun lugar no que se mesturan varios niveis de discurso. Estes niveis e as súas relacións son o obxecto de aprendizaxe do proxecto, mesmo en relación co propio lugar de Carme Nogueira como porteña. Vigo é unha cidade que se podería considerar similar desde unha mirada lonxana, pola construcción física e a construcción discursiva a partir do porto. A posición asumida pola artista como tradutora pode permitir esa aprendizaxe que parte dos discursos, en certo sentido, oficiais: a visión do Museo do Mar, que fala da historia da cidade e do país desde un determinado lugar, así coma diferentes libros que nos falan do saber e dos datos que máis ou menos confirman de xeito máis establecido unha posición de verdade. Falta rastrear a outra verdade, aquelas historias contadas sobre o porto (aínda que ningunha historia párase no porto, senón que establecerá conexións con outros lugares, con outros saberes), por aqueles que son depositarios dese saber. Partindo de lugares concretos, como o bar Liberty -onde se xuntan antigos mariños-, a Facultade de Arquitectura, o propio porto e a través de aqueles que se converteron en interlocutores, construíuse o traballo. O que interesa non é tanto a reconstrución da historia, senón o xeito no que esa historia é contada, as palabras, os xestos, as expresións repetidas. En definitiva, o que quedou da reconstrución da historia, da paisaxe, a través das palabras e o xeito de narrar, aquelo que quizáis pareza invisible, porque é común e, polo tanto, non resulta doado percibilo senón é cunha mirada nova, allea, desde fóra. O traballo presentado en Valparaíso constou de catro vídeos (El Puerto, El Cerro, El patrimonio y El camarote de Casto Méndez Núñez), mostrados no Museo Naval ocupando vanos que foron cegados na distribución museográfica actual. Deste xeito, os vídeos convértense en ventás a Vigo nas que se pode ver unha paisaxe que se quixo construír como similar á de Valparaíso. Na adaptación á Galería adhoc, quíxose facer a viaxe contraria, mostrar as construcións discursivas sobre esas paisaxes que son locais pero poderían ser do propio Valparaíso. Neste caso, expónse unha versión de El camarote de Casto Méndez Núñez -distinta á amosada en Valparaíso-, e outro dous vídeos: El Cerro e El Puerto, pero tratando de seguir a mesma lóxica de situar os discursos fóra, tras o vano.
Fonte: Galería adhoc