Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Carolina Caluori. Give Me Your Picture

Atalaia

Carolina Calouri. Give Me Your Picture, 2011. Fotografías cor
> Carolina Caluori. Give Me Your Picture
Datas: 09/02/2011 - 24/04/2011

Comisariado

Basilisa Fiestras

Descrición

Carolina Caluori (Arxentina, 1984), profundiza na figura do turista como coleccionista de lugares e sobre a maneira de observar un mesmo lugar por diferentes turistas, partindo da premisa de que Santiago de Compostela é unha cidade de interese turístico internacional. Give Me Your Picture, caracterízase por ser unha obra procesal na que participaron 50 turistas de diferentes nacionalidades, idades, intereses e actitudes, que se atopaban en Santiago formando parte de grupos organizados ou non, e aos que se lles proporcionou unha cámara coa posiblidade de facer 27 fotografías e un mapa do entorno da catedral para que atraparan coa súa mirada as distintas localizacións que conformarán un novo mapa do tecido urbano. A intervención do espazo aliméntase de todos os elementos de produción: cámaras, mapas e fotografías; unhas proxectadas, e outras expostas na sala como se fosen postais turísticas.

Fonte: Zona C