21 días de encerro, 3 artistas (Alfonso Abelenda, Xabier Correa Corredoira e Jaime Tenreiro), e un gato (Miki). Despois do último suspiro de cheiro a trementina, un novo aroma -mestura de nostalxia e expresión contida- apoderouse do espazo, dos lenzos e de nós mesmos. Lembranzas de cor, de risos, de rock&roll, de sobremesas, de discursos e de silencios, de coplas e jotas, de poesía declamada, de clases de heráldica, de recordos de xeometría... Foi unha festa lúdica de camaradería. A obra creada non era só a que permanecía nos enormes e fabulosos lenzos, cheos de cor e de historias pintadas, aínda suxeitos ás paredes. A obra creada tiña que ser contada.
Link: Presentación e making-off de Cerrado por pinturas
Link: Os artistas traballando
Link: PDF. Catálogo con textos e imaxes
Texto e vídeos realizados por Roge Fdez.
Fonte: Galería Monty 4