Atalaia

Chas. Cangas do Morrazo, da serie Conservar a memoria, 2010.
> Chas. Conservar a memoria
Datas: 09/09/2011 - 14/10/2011

Descrición

Conservar a memoria é unha exposición de fotografía de Chas (Xosé Anxo Fontenla Chas), resultado da axuda que que obtivo nas Bolsas de Creación Fotográfica O Mar, proxecto promovido polo Museo do Mar de Gaicia (Alcabre, Vigo) e o Centro de Estudos Fotográficos, CEF (Vigo). Estas bolsas pretenden promover novos talentos en creación fotográfica partindo dun proxecto previo, necesariamente anovador, que fixa uns obxectivos mediante o traballo de campo fotográfico e plásmanse logo nunha exposición. A primeira bolsa foi concedida a José Romay polo seu traballo No grande azul, presentado tamén no Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, IEM, (Gondomar), en xullo de 2010.

O traballo de Chas, denominado Conservar a memoria, é un proxecto xurdido da necesidade de rescatar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio, esa parte onde iniciamos o noso camiño como sociedade moderna e industrial, centrándose nas vellas fábricas de conserva.

Xosé Anxo Fontenla Chas, naceu en Pontevedra en 1976, licenciouse en Belas Artes, na especialidade de Escultura e especialízase en Fotografía de Arquitectura no IEFC.

Link a vídeo-rexistro da mostra na Aula de Cultura "Ponte de Rosas", Gondomar:

http://www.youtube.com/watch?v=4TZkJsdbEDc&feature=player_embedded

Fonte: IEM, Instituto de Estudos Miñoranos