Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
"Christian Villamide, un artista que, a medida que foron transcorrendo os anos se foi implicando nunha obra ligada directamente á natureza ou a unhas condicións que supoñen un reforzo crítico dirixido cara ás condicións daquela como unha centralidade na súa filosofía. Mutación é a derradeira singradura dun elaborado e reflexivo proxecto que foi madurando o artista lucense, residente en Canarias, última conclusión dunha década, un fío conductor que tivo puntos de inflexión en diferentes series, secuenciadas como substancia dunha memoria que se ligaba ás súas preocupacións e que o nomencla con diferentes títulos".
Texto: X. Antón Castro
Fonte: Galería Clérigos