Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
"Eu nacín bretón, ao bordo do mar, na costa setentrional de Fisterra, pero por veces penso que en lugar de se ter detido en Armórica, os meus ancestros, sen dúbida chegados de Cornualles ou de Gales, ben poderían ter continuado deica Galicia.
Antes de pisar terras galegas, dedicárame a fotografar durante varios anos a vida cotiá en Irlanda, antes de que o desenvolvemento económico dos anos 90 modificase considerablemente o país. En Galicia atopei unha atmosfera semellante, que me lembraba á Bretaña da miña infancia.
Desde aquel ano de 1987 ata hoxe puiden contemplar moitos cambios en Galicia: a apertura ao turismo de masas, por exemplo. No entanto, as tradicións mantéñense vivas e a hospitalidade dos galegos apenas mudou. Iso é o que me fai volver case todos os anos."
Texto: Claude Le Gall (setembro 2010)
LINK: Claude Le Gall na galería Agence Vu.
Fonte: Museo do Pobo Galego