Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Compañeiros de oficio

Atalaia

Louis Kahn. Casa Fisher, Filadelfia, Pensilvania, EE.UU., 1960-1967.
> Compañeiros de oficio
Datas: 07/11/2012 - 07/04/2013

Descrición

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición Compañeiros de oficio, unha reflexión sobre o papel que a arquitectura vernácula exerceu na obra de grandes mestres da arquitectura contemporánea.

A mostra, de produción propia da fundación, e comisariada por Pedro de Llano, arquitecto e catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, pretende impulsar unha reflexión pouco habitual sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos que deron continuidade ao vínculo entre os artesáns de onte e os creadores de hoxe, tal e como expresou Le Corbusier, coas palabras que dan título a esta exposición.

Hai máis dun século que algúns arquitectos se formularon a necesidade de definir unha arquitectura pura que servise para vencellar integramente ao home co seu medio. Entón, a tradición era propiedade intelectual de correntes culturais como o historicismo e o rexionalismo, e no medio empezaba a sufrir cambios descoñecidos, conflitivos, que se profundaron durante o desenvolvemento social e económico do século XX. Entre o estancamento mental arredor das calidades do pasado e a urxencia polos problemas presentes, aqueles arquitectos souberon dar coa ferramenta do momento: un modelo de arquitectura innovador, de vocación provocadora e fundamento histórico. Pero ademais, a súa capacidade de abrirse ao pasado permitiulles aprender moitas cousas das racionais, austeras e coherentes leis da anónima arquitectura tradicional, aquela arquitectura sen arquitectos que, apoiada no rigor da xeometría construtiva, obedecía ás regras simples dos materiais que se atopaban no seu medio inmediato e seguía a infalible experiencia que se fora transmitindo durante séculos, conformando construcións que son paradigma da excelencia arquitectónica para a arquitectura do presente.

LINK: Vídeo de Toni García+Yolanda Somoza arquitectos. Making-of da montaxe e presentación da mostra Compañeiros de oficio.

Fonte: Fundación Barrié