Baixo o título Losses Cristina Moroño (Madrid 1974) amosa o seu traballo máis recente e íntimo. Esta nova serie fala de espazos baleiros que unha vez foron habitados, da natureza no estado máis puro, onde vida e morte se fusionan. Da pegada e o baleiro que deixan as persoas que pasan pola túa vida cando xa non están e, por último, do obxecto que un día foi útil e que agora é unha ferramenta do pasado e que xa só permanece na memoria.
Nas obras seleccionadas para esta exposición, Cristina Moroño, sorprende pola súa solidez, pola súa impresionante riqueza de medios técnicos. Tomei fotografías de lugares abandonados ou sen vida, utilicei diferentes técnicas como pintura, gravado e cerámica, e o papel como soporte para dar vida a esta serie, onde a 'nada' pode ser o comezo de algo novo", afirma a autora.
Cristina Moroño foi premiada en numerosas ocasións por importantes entidades como a Dirección Xeral da Muller de Madrid, a Calcografía Nacional, a Casa da Moeda ou Estampa, entre outros e está presente nas coleccións galegas, estatais e internacionais máis importantes.
Ademais, o seu traballo chegou a expoñerse nos centros máis prestixiosos, como o Museo Municipal de Arte Contemporánea de Madrid, a Biblioteca Nacional, a Fundació Pilar i Joan Miró, The Gorvachev Foundation of North America en Boston, entre moitos outros.
Fonte: Moret Art