Atalaia

Curro González. Meditaciones a la salida del bistro Van Gogh. 2011. Acuarela sobre papel. 89 x 97 cm
> Curro González. Artland y el hombre de ningún sitio
Datas: 13/01/2012 - 03/03/2012

Descrición

Curro González (1960, Sevilla), é un dos pintores máis relevantes dos anos oitenta, integrante da xeración de artistas sevillanos aglutinados ao redor da revista Figura. A súa obra, íntima e reflexiva, fornécese dunha extensa bagaxe literaria, na que o sentido do humor e a ironía son elementos esenciais.

A exposición Artland y el hombre de ningún sitio componse de 6 pinturas sobre tea de 100x130 cm. cada unha, ademais de acuarelas e serigrafías.

Os mapas de Artland xurden como ilustracións mentais para situármonos no mundo da arte. Constitúen un epígono lóxico a outras obras nas que Curro González reflexiona sobre o xeito no que, na actualidade, enténdese a arte como fenómeno no que o mediático e espectacular priman sobre a comunicación real. Os Artland fálannos dun mundo no que os valores se dilúen e trastocan para dar paso á produción de mercadoría para visitantes. Un mundo no que o éxito na comunicación mídese coas voltas dos tornos de acceso, adaptando sen escrúpulos as dinámicas da industria do lecer, ao tempo que se acolle a idea de turismo cultural como obxectivo. Territorio sementado de sensentidos lucrativos, feliz de ofrecermos calexóns sen saída, anuncios inintelixibles e altares consagrados á opacidade.

Artland é un parque temático ficticio que segue o ordeamento de Disneyland: o mundo da Fronteira, da Aventura, da Fantasía e do Futuro. Espazos temáticos que dan sentido á ubicación de diferentes pavillóns, correspondentes a movementos ou figuras artísticas que conforman as diferentes tendencias. Estes mapas, como o mundo que descreben, supoñen un traballo en progreso que, para reflectir eses cambios, céntrase en dous momentos concretos: un na metade do século pasado, e outro na primeira década do presente. Un período de tempo no que se consolida a deriva anteriormente descrita.

A este cadro de costumes contrapóñense as obras da serie El hombre de ningún sitio, nas que o artista móstrase permanentemente perplexo ante o dilema da creación. Cada unha destas obras aborda un momento do proceso de construción do discurso, tentando sinalar o papel do artista ante el mesmo. Todas participan dese espírito dialéctico que non sempre pode ser resolto en termos positivos ou negativos.

Fonte: Galería adhoc