Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Moret Art Espacio presenta África o último proxecto expositivo de Daniel Sueiras (Porto de Santa María, 1976). Dous anos despois da súa última exposición Sueiras amosa un conxunto de obras nas que destacan imaxes un tanto hieráticas, frontais case sempre, sempre mirando o espectador, para que sexa el o que se sente observando.
"Sempre pensei nos meus cadros como ventás, imaxes que miran cara a fóra cara ao espectador, en vez de que sexa o espectador o que se asoma a elas"
"Cando penso en África, como concepto, penso no comezo da vida, da humanidade ou dos nosos parentes máis próximos, nunha vida dura, crua, sen adornos, básica e profunda....en o fondo, a vida como foi sempre, como a de calquera especie viva, sen o decorado do progreso e a tecnoloxía dos últimos apenas 2 milenios que, en tempo evolutivo, son un simple abrir e pechar de ollos e que, considero, deformaron a nosa percepción da realidade ata o punto de non nos considerar xa animais con hábitos e necesidades similares", afirma o artista.
Fonte: Moret Art