Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Diego Vites (O Grove -Pontevedra-, 1986), presenta no FAC Peregrina a súa primeira montaxe expositiva individual na Península: Jalisia Fanecas. Unha enunciación que se relaciona directamente coa idea de excedente que pon en acción o espazo proxecto artístico do Furancho de Arte Contemporánea, no seu ben entendido sentido de abundancia desvalorizada que é o que representan as fanecas coma botín de pesca. Jalisia Fanecas é unha exposición de pintura construida dende a apertura que Diego Vites fai das cuestións da súa visibilidade, os seus límites e as súas condicións de produción materiais, as da pintura. Unha montaxe que pretende romper coa normal disposición lineal a favor dun percorrido que impón á mirada sobre a pintura esa mesma oscilación coa que o artista se move entre as múltiples linguaxes formais.
Link vídeo: Diego Vites. Xente nova, todo é fume. Instalación no FAC, 2012.
Fonte: FAC, Furancho de Arte Contemporánea