Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
E il mondo va

Atalaia

Carlos Fernández Pello. La Gaya Ciencia. 2011. Fotografía sobre dibond e madeira. 27 x 36 x 4 cm
> E il mondo va
Datas: 18/11/2011 - 13/01/2012

Descrición

E il mondo va é unha exposición construida ao redor de catro artistas: Carlos Fernández-Pello (Madrid 1985), Ignacio García Sánchez (Madrid 1987), Jesús Pedraza Villalba (Córdoba, 1978) e Oriol Vilanova (Barcelona 1980), os catro cun achegamento diferente á arte pero cun interese semellante e profundo en cómo nos enfrontamos e desenvolvemos nas dinámicas da nosa sociedade, a política e cal é ou foi a importancia dos procesos históricos na configuración do noso presente.

Oriol Vilanova e Jesús Pedraza Villalba traballan desde un enfoque máis crítico e irónico, non desprovisto en ocasións dun sentido do humor irreverente. Mediante o emprego de elementos iconográficos asociados ao prestixio e á victoria e cómo se perceben na cultura de masas, os artistas poñen de manifesto a fraxilidade e futilidade dos valores sobre os que nos asentamos.

Ignacio García Sánchez afástase da ironía para tratar, dun xeito directo, procesos que fan referencia á transformación político-social, evidenciando os erros do noso sistema que se repiten dun xeito cíclico.

Carlos Fernández-Pello, porén, emprega unhas estratexias herméticas, con elementos que acadan un poderoso carácter simbólico.

Desde estas posturas, e a través da formalización da súa obra, os catro poñen de manifesto aqueles aspectos ou cuestións presentes no noso entorno pero que a primeira vista permanecen invisibeis. A contemplación das obras revela unha nova dimensión da realidade, o que nos leva a enfrontarnos a ela desde outra perspectiva.

Fonte: Galería PM8