Participantes: Ramiro Álvarez Clavero (Servizo de Teledetección, CACTI, UVigo); Alessandro Benedetti (Departamento de Física Aplicada, CACTI, UVigo); Loreto Blanco Salgueiro (Facultade de BBAA, UVigo); Fernando Casás (Facultade de BBAA, UVigo); María Castellanos Vicente (Facultade de BBAA, UVigo); John Coplans; Román Corbato (Facultade de BBAA, UVigo); Santiago Fraga (Instituto Español de Oceanografía, Centro Oceanográfico de Vigo); Silvia García (Facultade de BBAA, UVigo); Christian García Bello (Facultade de BBAA, UVigo); Fernando García Correa; Fran Herbello e Manuel Sendón (Facultade de BBAA, UVigo); Yolanda Herranz Pascual (Facultade de BBAA, UVigo); Anne Heyvaert (Facultade de BBAA, UVigo); Juan Fernando de Laiglesia (Facultade de BBAA, UVigo); Elena Lapeña (Facultade de BBAA, UVigo); Juan Loeck (Facultade de BBAA, UVigo); Lola Marazuela e Paco Mesa; Juan Carlos Meana (Facultade de BBAA, UVigo); Gonzalo Méndez Martínez e Aida Ovejero (Departamento de Xeociencias Mariñas e O. T., UVigo); Beatriz Mouriño e Denise McGillicuddy (Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, UVigo / Woods Hole Oceanographic Institution, EUA); Arturo Moya; Mónica Ortuzar (Facultade de BBAA, UVigo); Juan J. Pasantes, Concepción Pérez-García e Paloma Morán (Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, UVigo); Perejaume; Ignacio Pérez-Jofre (Facultade de BBAA, UVigo); Rubén Ramos Balsa; Francisco de Sales Covelo; Carmen Serra Rodríguez (Servizo de Nanotecnoloxía e Análises de Superficies, CACTI, UVigo); Ana Soler (Facultade de BBAA, UVigo); Jesús S. Troncoso (Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, UVigo); Grupo de Ecoloxía Pesqueira (Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, IIM-CSIC); Grupo de Investigación XM1 (Irene Alejo, Susana Costas, Guillermo Francés, Rita González-Villanueva, Miguel A. Nombela, Marta Pérez-Arlucea, Corinne Pérez-Estévez - Departamento de Xeociencias Mariñas, UVigo); Grupo de Tecnoloxías Multimedia (Centro Tecnolóxico AtlanTIC, UVigo).
Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento é froito da colaboración entre o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e a Universidade de Vigo. O Proxecto BALIZA, desenvolvido na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e integrado en Campus do Mar. Knowledge in Depth, forma parte das accións financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte no marco do Subprograma de Fortalecemento de Campus de Excelencia Internacional. Trátase dun programa cuxo fin é aumentar a internacionalización e a creación de estruturas estables capaces de conxugar o mundo universitario co territorio, a administración cívica, a sociedade civil e o mundo empresarial. Neste contexto, o Ministerio de Educación xunto coa Secretaría de Universidades, impulsou a publicación do documento 'A arte como criterio de excelencia', destinada especificamente á introdución de iniciativas artísticas dentro dos proxectos de Campus de Excelencia Internacional. Nesta liña de actuación enmárcase o Proxecto BALIZA, cuxo obxectivo é deseñar un plan de actuación a medio prazo relativo á investigación no campo das Belas Artes: seminarios, xornadas, foros de debate, desenvolvemento de recursos e ferramentas específicas, son algunhas das actuacións levadas a cabo dende o ano 2012, e este proxecto expositivo significa un paso esencial na exploración e visibilidade do binomio arte-ciencia.
Mostrar que arte e ciencia non están tan separadas como podemos pensar é un dos obxectivos da exposición, comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego. A historia da cultura occidental está chea de exemplos que mostran os vínculos entre un sistema de percepción e medida técnico, e a imaxe plástica. Tanto no plano científico como no artístico, existen determinados procesos de investigación que precisan da súa manifestación en forma de imaxe. A partir desta idea, esta mostra colectiva reúne traballos desenvolvidos por grupos de investigación científica da Universidade, artistas da Facultade de Belas Artes, e varios creadores invitados. Todos eles expoñen nun plano de igualdade os seus procesos de investigación en torno ás imaxes, nunha mostra que se define pola súa versatilidade.
En cada unha das seccións incluíronse, xunto ás obras de artistas e investigadores, materiais históricos e pezas documentais que funcionan como modelos e principios de uso da imaxe-signo, e mostras de procesos experimentais contemporáneos.
Fonte: MARCO
Dossier bibliográfico e dixital