Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Elena Colmeiro. Sen título

Atalaia

Elena Colmeiro na exposición Sin título. Museo de Pontevedra. Deputación de Pontevedra
> Elena Colmeiro. Sen título
Datas: 06/04/2014 - 04/05/2014

Artistas

Elena Colmeiro

Descrición

Esta exposición está formada por 47 obras de Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932) realizadas desde finais dos anos sesenta ata a actualidade.

Nela apréciase como a artista loita por conseguir que a cerámica se converta nun máis dos materiais escultóricos, desvinculándoa do seu tradicional uso utilitario.

Tamén se pode apreciar nas súas obras o papel fundamental que ten xogado a súa fascinación polas fábricas, os materiais industriais, os cemiterios de refugallos, os crisois… todo ese mundo proporciónalle formas e cores. O material refractario, o carbono de silicio ou o ladrillo sérvenlle para poder expresar as ideas que xorden na súa cabeza. A valoración do fragmento que fora rexeitado, tanto de material industrial como de pezas cerámicas súas, adquiren un novo significado ao seren introducidas en novas obras e reiteran a súa idea de acumulación constante de experiencias.

Fonte: Museo de Pontevedra

Entrevista a Elena Colmeiro. Zigzag Diario (TVG)