Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Elena Fernández Prada. A Caza

Atalaia

Elena Fernández Prada. La Caza. 2015
> Elena Fernández Prada. A Caza
Datas: 24/04/2015 - 12/07/2015

Descrición

A caza é un proxecto enmárcase dentro da investigación que a artista Elena Fernández Prada (León, 1971) leva realizando nos últimos anos sobre os procesos de representación figurativa e a súa descontextualización.

A caza componse de diversas pezas formadas por imaxes extraídas dos tomos titulados Ciencias naturales y Curiosidades del reino animal, pertencentes á Enciclopedia Bruguera, editada en 1978, a partir das que a artista realiza un traballo de apropiación, descontextualización e condensación de imaxes para construír unha obra que evidencia o cambio da relación entre o home e a natureza nos últimos trinta anos.

O título da exposición fai referencia ao estrañas que resultan agora, vistas con perspectiva, as escenas que se recreaban en aquelas enciclopedias divulgativas, destinadas principalmente ao público infantil e xuvenil, nas que a violencia sempre estaba presente na natureza e na relación do home con esta.

Neste traballo están presentes elementos que son unha constante na produción de Elena Fernández Prada, como a relación entre a representación artística e a representación científica ou, neste caso, divulgativa; a caducidade da organización do saber e, por tanto, da construción do discurso científico; e a relatividade da representación figurativa como ferramenta de representación dunha realidade obxectiva.

Fonte: Fundación Laxeiro

Entrevista a Elena Fernández Prada. Zigzag Diario (TVG)