Atalaia

Vista dunha das salas do CGAC coa montaxe da exposición
> Estades listos para a televisión?
Datas: 20/05/2011 - 19/09/2011

Comisariado

Chus Martínez

Descrición

Exposición organizada polo Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e coproducida co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), baixo a idea e o comisariado de Chus Martínez.

 Non se trata dunha exposición sobre a televisión, senón desde a televisión. É, na realidade, un ensaio sobre a intersección de mundos que viven separados: intérnase na coreografía, na estratexia da que se serven o medio e estes inquilinos de excepción -artistas e filósofos- á hora de formalizar as súas expectativas. Os artistas e o medio estúdanse mutuamente para entender qué é o que fai posible a televisión, que relevancia social e que dimensión estética adquire a produción artística na televisión e que implica pórlle cara á filosofía. Este exercicio contribúe de xeito elocuente á interpretación das convencións dramáticas e técnicas que definen a televisión. A intervención artística toma todas as libertades ao seu alcance para xerar realidades endexamais vistas pola televisión, a filosofía une imaxe e voz e, no seu desinterese polo ficticio, crea outra forma de ficción.

Os programas que integran as diferentes seccións comparten unha característica: amosan a televisión e o seu dobre. Habitar a televisión implica aceptala e asemade obrigala a que fale outra lengua de xeito que o espectador é testemuña de como se fai e como se desfai a televisión. Os artistas e os filósofos interésanse por reescribir o medio, establecen correspondencias inesperadas entre texto e imaxe, entre o espazo-convención dun plató e o cubo Branco do museo, entre a realidade que rexistra a cámara fóra do estudio e a irrealidade que se deriva da mediación propia da televisión.

Estades preparados para a televisión? contará coa participación de artistas como Dora García ou Johan Grimonprez, entre outros, e irá acompañada dun guión organizado por unha serie de dez capítulos, nos que se incluirá un número limitado de exemplos-situación. O espazo expositivo converterase, pois, nun acontecemento que permitirá explorar a relación entre imaxe e acto crítico. Cada capítulo proporá, baixo un ángulo diferente, a historia da contestación dunha linguaxe a outra: da arte á televisión, da televisión ao pensamento, en ambos os dous sentidos.

Fonte: CGAC