Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Eugenio Granell [Novos fondos da Fundación]

Atalaia

Interior dunha sala da Fundación Eugenio Granell
> Eugenio Granell [Novos fondos da Fundación]
Datas: 03/03/2011

Descrición

A mostra está composta por unha inxente cantidade de obra de Eugenio Granell que ocupa todo o espazo expositivo do museo.

A familia Granell achega á colección preexistente da Fundación Eugenio Granell -quen formalizou a súa ultima doazón durante o ano 2007- unha notable cantidade de nova obra do artista, obra de outros artistas pertencentes á colección privada da familia, -con nomes como Picasso, Cesariny, Le Courbusier…-, obras de arte popular, e obxectos persoais do artista que formaban parte do seu sancta sanctorum, e consecuentemente o seu espazo de creación.

No legado, destaca a obra gráfica de Eugenio Granell a nivel cuantitativo, un número considerable de grandes óleos, e un grupo interesantísimo de obra obxectual, tanto construcións como obxectos. Con respecto á obra gráfica, é de destacar a grande cantidade de cadernos de debuxo e bosquexos existentes nos novos fondos, conxunto que achega unha valiosísima información sobre o proceso creativo de Granell. Ademais pódese admirar unha extensa e salientable colección de grandes pezas de pintura pertencentes a dúas etapas moi significativas na traxectoria do artista: a súas primeiras obras realizadas na década dos anos corenta e cincuenta, así como unha excelente representación da súa etapa coñecida como Los Paisajes Mágicos. Nunha sala integramente dedicada á obra realizada na década dos noventa, é destacable o proceso de cambio sufrido na última etapa creativa do artista. A obra perde certo cariz barroco das etapas anteriores, esencializase: pon máis énfase no debuxo e traballa a cor sen valorar apenas a expresividade da pincelada, tan importante épocas anteriores.

A exposición, amais de achegarnos á creación de Eugenio Granell en estado puro, amósanos a parte máis humana e entrañable do artista, que a comisaria quixo reflectir a través dunha escolla de obra realizada xunto coa súa esposa Amparo Segarrra, e dunha coidada selección dos obxectos persoais que sempre o acompañaron ao longo da súa vida coma os seus violíns, as súas maquinas de escribir.

Fonte: Fundación Eugenio Granell