Unha das principais liñas de traballo do artista portugués Fernando José Pereira (Porto, 1961), ten que ver coa idea da natureza. Natureza como un concepto utópico ou, ao contrario, a natureza como noción distópica. Desde os anos 90, Pereira realizou viaxes cada vez máis ao norte e no 2009 chegou a unha das últimas fronteiras: o archipiélago de Svalbard (Noruega). Por enriba daquí, xa soamente esténdese o mar xeado ata o Polo Norte.
É un lugar incrible onde podemos atopar, por un lado, unha fascinación por esta paisaxe utópica e por outro a condición distópica dos lugares abandonados, case cidades fantasmas perdidas no tempo, como é a cidade de Barentsburg, asentamento ruso en Svalbard, na que se centra a exposición. Aínda que Savlbard está baixo soberanía norueguesa, o Tratado de Svalbard de 1920, contempla que todos os países signatarios teñen o dereito á explotación de recursos naturais nas illas. Actualmente Rusia é o único país que permanece presente, mantendo incluso un consulado en Barentsburg.
Case illadas do mundo, estas cidades esquecidas teñen unha arquitectura incrible, e a estrutura do seu plan urbanístico está deseñada dun xeito magnífico como vestixio de tempos pasados (a época soviética). Doutra banda, é incrible o xeito de construción dos edificios: o chan está totalmente conxelado todo o ano, un fenómeno coñecido coma permafrost, polo que eles non poden empregar cimentos, e os edificios están prácticamente suspendidos.
Fonte: Galería adhoc