Atalaia

Vista da exposición
> Fernando Riveiro. El suelo del azar
Datas: 16/10/2014 - 11/01/2015

Descrición

O Museo-Fundación Eugenio Granell presenta a exposición El suelo del azar de Fernando Riveiro. Fernando Riveiro,  artista autodidacta, inicia a súa andaina expositiva a mediados dos anos oitenta. Caracterízase por moverse ao marxen dos circuítos convencionais, sendo un outsider dentro do panorama artístico. As súas obras,  principalmente pinturas, collages  e esculturas, son afrontadas como unha ensamblaxe a través de diferentes elementos e soportes.

O artista funciona nesta mostra como un rescatador de obxectos. O seu proxecto basease na idea da búsqueda e o encontro, xeralmente en espazos inusuais, zonas industriais ou espazos de tránsito. O azar funciona como eixe artellador do discurso, e o chan como campo de traballo e experimentación.

Relacionado directamente co surrealismo e “o obxecto atopado”, crea obras a partires de  elementos aos que non oculta a súa forma nin o seu significado, intervindo sobre eles total ou parcialmente, cunha intención artística, para crear diferentes xogos co público.

Fernando Riveiro conta cunha longa traxectoria expositiva, destacando os anos 90 como a súa epoca mais activa a nivel expositivo, onde participa en diferentes certames e exposicións, entre as que destacamos, Galeria Sementeira en Noia, VI  Mostra Unión Fenosa,  Galería Sargadelos en Santiago de Compostela, Galería Androx en Vigo, II Salón de Outono de Pintura na  Real Academia de Belas Artes, Fundación Araguaney, Sala de Exposicións Banco Hispano 20, Sala do Real Aeroclub de Santiago de Compostela, entre outras.

Fonte: Museo-Fundación Eugenio Granell