Este proxecto aúnase ao redor da antiga colección de ourivería Gil Varela xunto coa escolma de obras de 14 artistas: Xoán Anleo, Mónica Alonso, Nilo Arias, Fernando Baena, Mónica Cabo, Ana DMatos, Amaya González Reyes, Xurxo Oro Claro, Laura Piñeiro, Santi Jiménez, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Jorge Varela e Manuel Vidal.
Arqueoloxía e arte contemporánea revisanse conxuntamente neste proxecto comisariado por Monse Cea, artista e comisaria, e a arqueóloga María Xosé Bóveda.
Xa nos inicios da arte contemporánea, o descubrimento tanto dos artefactos das culturas prehistóricas coetáneas, como da posta en valor dos obxectos que foron achados pola actividade arqueolóxica, pertencentes ao noso pasado remoto foron fundamentais para inaugurar un novo xeito de facer arte. Ademais, andando no tempo, a metodoloxía arqueolóxica e o seu modo non taxonómico de entender a historia, serán poetizados pola arte conceptual –dende os anos sesenta no século XX–, regalándonos grandes obras baseadas en achados arqueolóxicos concretos.
A proposta expositiva complétase con actividades realizadas en colaboración coa área de didáctica do Museo Provincial de Lugo, como obradoiros para tódolos públicos, un foro pecha kutcha –que suma as miradas da arte contemporánea, arqueoloxía, ourivería e deseño de adorno personal, sobre a colección Gil Varela–, un obradoiro da artista Ana DMatos, entre outras.
Fonte: Museo Provincial de Lugo
Entrevista ás comisarias. Espacio de Arte. Correo TV
Entrevista a Monse Cea. Fluido Rosa. RNE
Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro. Diario Cultural. Radio Galega