Florian Süssmayr (1963, Munich, Alemaña), expón por vez primeira en España a través da Galería Vilaseco-Hauser. Süssmayr atopa a súa inspiración na escena política xermana dos anos 80. Forma parte do movemento punk Freizeit 81 e da banda Lorenz Lorenz. Seu traballo toca temas como a marxinación social e a desobediencia civil.
Pintadas garabateadas nos azulexos de baños públicos. Comentarios gravados nas mesas de madeira das cervexerías. Reflexos nas ventás de perruquerías dos anos 80. Interiores escuros e noxentos dos pubs bávaros locais. Fachadas destartaladas da arquitectura dos 60. Luces de neón dun kiosco nun paso soterrado. Posavasos de cervexa. Menús escritos a man nas pizarras dos bares. Un autorretrato emulando a Ludwig Wittgenstein. Letras de cancións de The Ramones... "Estou máis interesado nos motivos que non son espectaculares, senón que se volven interesantes só cando os pintas" di Süssmayr, a xeito de declaración de intencións.
Süssmayr experimenta con diferentes etapas de creación dos seus traballos, cambiando técnicas, materiais e empregando diferentes soportes. Está interesado nos potenciais e progresivos procesos de transformación das obras: fotografando as pinturas con flash, recurrindo aos reflexos mediante capas de óleo finas e brillantes, creando así unha nova pintura e empregando esta última como unha nova obra final para edicións de pósters en papel, como os que se penduraron das vallas publicitarias de Munich no outono de 2009. Esta campaña de pósters, levada a cabo en colaboración con Institutions, C.C. -unha marca creada polo propio Florian e o deseñador Thomas Mayfried-, rematou indefinidamente, cunha exposición das pinturas orixinais no alicatado e ventoso paso soterrado do Maximiliams Forum en Munich. Süssmayr ten colaborado tamén cos cineastas Romuald Karkamar e Klaus Lemke, entre outros.
Fonte: Galería Vilaseco-Hauser