Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
CLEARBLUESKYDEEPDARKWATER é a primeira exposición antolóxica que realiza en España, tras a súa presenza puntual na Bienal de Pontevedra en 2004 e no Centre d’Art Santa Mònica de Barcelona ese mesmo ano.
Graham Gussin utiliza unha gran diversidade de medios -texto, debuxo, filme, son, escultura e instalación- para explorar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narracións literarias extraídas da Historia da Arte, da cultura popular e, sobre todo, do cine.
A súa capacidade de crear obras dunha densidade interpretativa singular consolídase a partir dun xogo continuo de referencias e relacións conceptuais, as cales remiten a un tránsito perceptivo que nos transporta a paisaxes mentais, onde o desasosego, a estrañeza e a melancolía poden emerxer nunha proximidade intrigante ou na máis inusitada distancia.
Graham Gussin (Londres, 1960) é profesor lector na Slade School of Fine Art en Londres.
Fonte: CGAC
Vídeo: Artist in conversation_ Graham Gussin