Horizontes presenta unha serie de pinturas de paisaxe inéditas procedentes dos fondos do CTB, escollidos a partir dunha idea e dun criterio de montaxe do artista Enrique Lista (Cambre, A Coruña, 1977). Os óleos e acuarelas seleccionados organízanse segundo un sinxelo pero revelador recurso de montaxe: formando unha única serie continuada e alineando os horizontes que se representan en cada unha das pinturas. Este xeito de organización suxire múltiples relacións entre as imaxes, tanto visuais como temáticas. Como elemento visual, unha liña é unha abstracción que forma parte de diversos sistemas de representación gráfica. Unha liña tamén é un elemento simbólico, un recurso para organizar o visual. Se nos referimos á liña do horizonte, esta é o elemento fundamental do sistema de representación da perspectiva central, dominante en occidente dende o Renacemento e asimilado hoxe pola fotografía e a maior parte das imaxes tecnolóxicas de consumo masivo. Por este motivo, a liña do horizonte une gráfica e simbólicamente os cadros presentados entre sí pero tamén os vincula ao noso presente, inundado de representacións figurativas. Ademáis das relacións visuais e de código de representación compartido, as imaxes comparten temática: trátase de paisaxes entre os que abundan as mariñas. Por esta cercanía nos temas, as imaxes seleccionadas tenden a evocar un relato xeral e común a todas elas, un certo xeito de representar a natureza, con un grupo definido de convencións tan compartidas e ficticias como a líña imaxinaria que une os seus horizontes.
Fonte: CTB