Atalaia

Produción da obra 1s & 0s, 2011-14. Foto: cortesía colección Sirvent,Vigo / Manuel G. Vicente
> Ignacio Uriarte. Uns e ceros
Datas: 24/10/2014 - 25/01/2015

Comisariado

Juan Canela

Descrición

A escolma de obras presentadas están datadas nos últimos anos (2008-2014). Nado e criado en Krefeld (Alemaña, 1972), Ignacio Uriarte seguiu estudos en Administración de Empresas, o que lle leovu a traballar en distintas empresas en Alemaña, España e México. A partir do ano 2003 inicia a súa traxectoria artística, dedicándose ao que denomina ‘arte de oficina’. O traballo de Uriarte toma como punto de partida a súa anterior ocupación na oficina dunha gran multinacional, para circundar cuestións relativas á rutina laboral.

Cunha estética minimalista e conceptual, desenvolve unha práctica meticulosa, incisiva e ás veces obsesiva, na cal as palabras ou o narrativo son convidados estraños, e o performativo en cambio é protagonista a través de actores como o xesto, o material utilizado, a distancia, a repetición ou o tempo. Uns e ceros toma o seu título da obra do mesmo nome: unha serie de follas A4 sobre as cales uns e ceros se escriben de xeito aleatorio con diferentes modelos de máquina de escribir, intentando emular a linguaxe dixital.

Para a produción desta obra, Uriarte contou coa colaboración de Colección Sirvent, que reúne uns 3.500 modelos históricos, das que aproximadamente 160 foron seleccionadas e utilizadas polo artista en función das súas características técnicas, tintas e tipografías. A partir desta peza articúlase un diálogo co resto de obras en exposición, que emerxen unha vez máis dende a rutina laboral, poñendo a énfase no ámbito do traballo cultural e o impacto do dixital en todo iso. Nunha referencia directa espazo-temporal, a mostra de Vigo péchase coa obra en vídeo Rolling Credits (2014), que presenta, dun xeito similar aos títulos de crédito cinematográficos, a estrutura laboral do MARCO dende a súa creación a finais de 2002. Utilizando formatos que mesturan o analóxico co dixital e unha linguaxe binaria —blanco y negro, luz y sombra, positivo y negativo—, este con xunto de obras conforma unha exposición que, en palabras do comisario, ‘destila un aire un tanto nostálxico, un intento de resistencia ao inevitable’.

Fonte: MARCO

Ignacio Uriarte. ZigZag Eirado (09/12/2014)