Atalaia

Isidoro Valcárcel Medina. El fondo y las formas. 2010-2011. Vista da progresión da instalación con xornais de El Correo Gallego
> Isidoro Valcárcel Medina. El fondo y las formas
Datas: 16/12/2010 - 14/01/2011

Dirección

Asunta Rodríguez

Descrición

"A distinción entre o fondo e a forma (que nunca se enuncia ao revés) goza de malas referencias -ou de malas vibracións por culpa das súas referencias-. Sen embargo, nada máis natural que diferenciar o que vai do que vén. O que se di do que se escoita, o que está dentro do que está fóra.

Tamén acostumamos a ouvir que, nas formas máis logradas (úsase sobre todo no mundo do cinema), non é posible separar o fondo da forma, ou que para certo fondo non cabería outra forma que a adoptada. Semella claro que isto son pamplinas analíticas, xuízos predeterminados. Sabemos dabondo que unha mesma apariencia pode xerar varias saídas e atribuírse orixes ben distintas, por non falar de que xere razóns opostas.

Por exemplo, non podemos negarlle autenticidade aos que argumentan que a prensa di o mesmo todos os días, aínda que é evidente que isto non é así. Recordemos -porque fai xogo co noso asunto-, que senténciase tamén: o que fai a lei, fai a trampa, sen pararnos a pensar que é a trampa a que precede á lei.

Os asuntos cíclicos adoitan representarse en forma circular, sen que poida achegarse unha razón convincente para que sexa así. Convertir nunha continuidade gráfica (xa se sabe que na pescada que se morde a cola, é a cola a que goza da elasticidade necesaria para meterse na boca),) o proceso  do nacemento á morte para xustificar un ilusionante renacer nonn deixa de ser un apaño. Por idénticos motivos ixa de ser un apaño. Por idénticos motivos vémonos na obriga de admitir a forma sen fondo e, aínda que de xeito máis difícil, ista sen aquela.vémonos na obriga de admitir a forma sen fondo e, aínda que máis difícil, este sen aquela.

No mundo da arte, sen ir máis lonxe, adoita valorarse máis o fondo, pero o que máis se comenta son as formas... e pouca atención préstaselle aos posibles fondos dunha mesma forma.

Os editores de prensa escrita basean a súa identidade en que usan a mesma forma para non importa que fondo, cando sería perfectamente lóxico que as súas formas se axeitaran a cada fondo.

Volvendo ao tema da reiteración circular, esta tamén  pódese representar rectilíneamente, que é o que ocurre aquí; despois de todo, o destino dun exemplar dun xornal é o mesmo, lido ou non. Así, falando do que temos diante, quen nos di que o fondo máis enxundioso non se atopa no papel inmaculado ou no triturado?; sen embargo, xamais mercamos os diarios nesas formas -ás que, para confundir, chámanselle formats-.

E aínda que parte do escrito até aquí, abona máis a idea de varios fondos para unha forma, en contra do que expresa o título, unha cousa así ocurre só porque nos encantaría estar seguros da forma, co fin de que o fondo non nos abraie.

De xeito que, dentro do papel impreso (que, en puridade, é o que deberíase coñecer como papel prensa), os sucesivos plegados que alteran a súa forma, dispoñen dunha reversibilidade descorazonadora, pois, por culpa deles, é frecuente que non se acade a totalidade do fondo.

Por último, con respecto a quenes posúen a diario o xornal, mais non o usan como medio de información nin de opinión, senón únicamente como forma para levar baixo o brazo, pode que tanto devaneo parézalles estúpido e cansino. E, se cadra, eso mesmo acabe por ocurrir nesta exposición, onde, aínda que as formas son manifestas, ninguén sabe a ciencia certa cal é o fondo... nin lle preocupa sabelo."

Texto: Isidoro Valcárcel Medina

Fonte: Galería Trinta (outubro 2010)

* Esta exposición realizouse coa colaboración imprescindible e diaria de El Correo Gallego.