Atalaia

Iván Prieto. Panorámica da mostra na Galería Clérigos, Lugo, 2011.
> Iván Prieto. Bronce. Aluminio. Barro
Datas: 06/05/2011 - 14/06/2011

Artistas

Iván Prieto

Descrición

A mostra é o resultado da experimentación con novos materiais, neste caso cerámicos, con todas as posibilidades que ofrece o esmaltado e o emprego de texturas das pastas de alta temperatura. Tentei adaptar a miña linguaxe e a tipoloxía de personaxes a esta técnica. Como resultado xurdiron unha serie de cabezas e bustos coa intención de revisar estes conceptos clásicos. Son personaxes híbridos, inquedantes e traxicómicos pero, ao mesmo tempo, entrañables. Son ademáis sinistros xa que nos remiten a algo familiar e cotián, pero tamén nos producen un desacougo porque no recordo fóronse transformando para deixar paso a estraños personaxes.

Texto: Iván Prieto

Fonte: Galería Clérigos