Atalaia

> James Welling. The Mind on Fire
Datas: 22/03/2013 - 26/06/2013

Comisariado

Anthony Spira

Descrición

The Mind on Fire é a primeira exposición institucional no estado español do artista estadounidense James Welling (Hartford, Connecticut, 1951). A mostra, que comprende arredor de cento cincuenta obras, recrea algunhas das principais exposicións de Welling nos setenta e nos oitenta e reflicte a evolución da súa linguaxe abstracta e a súa experimentación cos efectos fotográficos. Inclúe colaxes, cadros, notas e outros materiais relacionados con esta época que culminaron, todos eles, na serie icónica Aluminium Foils, un conxunto de imaxes abstractas de carácter minimalista realizadas con láminas de papel de aluminio minuciosamente engurradas que semellan ceos estrelados ou paisaxes lunares.

Exposición organizada en colaboración con MK Gallery, Milton Keynes, e Contemporary Art Gallery, Vancouver.

Fonte: CGAC