Atalaia

Javier Núñez Gasco. Miedo escénico. 2021
> Javier Núñez Gasco. Miedo escénico
Datas: 15/03/2012 - 22/03/2012

Descrición

O artista Javier Núñez Gasco (1971, Salamanca), presenta o seu novo proxecto, Miedo escénico, no Espacio Sirvent. A proposta, recoñecida en 2011 coa bolsa de Artes Plásticas da Fundación Marcelino Botín, foi presentada tamén en ARCO 2012 e fixo en Vigo a súa terceira parada.

Javier Núñez Gasco propón ao espectador o aluguer de catro metros cadrados de escenario do Teatro Camões de Lisboa durante os noventa minutos de representación da obra de danza Perda Preciosa que a Compañía Nacional de Bailado de Portugal presentará os días 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de abril de 2012.

 O artista busca propostas para o uso dese espazo e por iso decidiu promocionar seu aluguer. Espacio Sirvent instalou no seu escaparate de Gran Vía unha gran valla publicitaria que promociona o proxecto, así como a fotografía a tamaño real que, a xeito de piso piloto, reproduce os metros ofertados. A documentación complétase con cinco fotografías das vistas tomadas desde esa posición do escenario.

O proxecto permanece exposto entre o 15 e o 22 de marzo, día no que Javier Núñez Gasco fai unha presentación persoal no Espacio Sirvent, acompañado por Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO de Vigo.

Fonte: Espazo Sirvent