Atalaia

Javier Vallhonrat. Serie 42ºN. Glaciar de Aneto. 2011
> Javier Vallhonrat. Interaccións
Datas: 29/10/2015 - 27/03/2016

Comisariado

Santiago Olmo

Descrición

Este proxecto, presentado con anterioridade no Museo Universidad de Navarra, constitúe o máis recente conxunto de traballos do artista Javier Vallhonrat. Interaccións reúne un total de 52 fotografías, sete vídeos e unha videoinstalación estruturados en cinco seccións —42ºN, Deriva estándar, Fricción límite, Rexistro da marxe e Eolionimia—, que ocupan a planta baixa e a primeira planta do centro.

O proxecto desenvolveuse en contornas de alta montaña e de meteoroloxía extrema. O artista traballou nestes ámbitos creando imaxes onde a incerteza e a imprevisibilidade se confrontan coa humana necesidade de control e previsibilidade. A experiencia do tempo lento e o espazo incerto da alta montaña, danse en condicións que propician a sensación de vulnerabilidade. En tales circunstancias, a percepción do nicho ecolóxico e geoclimático da alta montaña, alleo e ameazante, transfórmase paulatinamente en percepción dun lugar igualmente vulnerable, no que o coñecemento e a experiencia inmediata poden dialogar fronte a condicións de incerteza.

Este proxecto pódese entender como unha exploración sobre a experiencia da montaña, a fraxilidade do home fronte á natureza e as condicións extremas, pero tamén como un cuestionamento sobre diferentes modos de representación da paisaxe.

O inicio do proxecto hai que situalo en 2010, cando Javier Vallhonrat visita a colección fotográfica do Museo Universidad de Navarra en Pamplona para participar no proxecto Tender puentes e centra a súa atención en dúas fotografías do macizo da Maladeta, no Pireneo de Huesca, realizadas polo vizconde Joseph Vigier tras ascender desde Luchon ao Portillón de Benasque a 2.440 metros de altitude no verán de 1853. As fotografías de Vigier son un punto de partida e unha posibilidade de dialogar cun dos primeiros fotógrafos que se enfrontan á montaña desde unha experiencia directa.

Fonte: CGAC

Este proxecto, que trala súa presentación no Museo Universidad de Navarra chega agora ao CGAC, constitúe o máis recente conxunto de traballos do artista Javier Vallhonrat. Baixo o título Interaccións, reúne un total de 52 fotografías, sete vídeos e unha videoinstalación estruturados en cinco seccións —42ºN, Deriva estándar, Fricción límite, Rexistro da marxe e Eolionimia—, que ocupan a planta baixa e a primeira planta do centro.

O proxecto Interaccións desenvolveuse en contornas de alta montaña e de meteoroloxía extrema. O artista traballou nestes ámbitos creando imaxes onde a incerteza e a imprevisibilidade se confrontan coa humana necesidade de control e previsibilidade. A experiencia do tempo lento e o espazo incerto da alta montaña, danse en condicións que propician a sensación de vulnerabilidade. En tales circunstancias, a percepción do nicho ecolóxico e geoclimático da alta montaña, alleo e ameazante, transfórmase paulatinamente en percepción dun lugar igualmente vulnerable, no que o coñecemento e a experiencia inmediata poden dialogar fronte a condicións de incerteza.

Este proxecto pódese entender como unha exploración sobre a experiencia da montaña, a fraxilidade do home fronte á natureza e as condicións extremas, pero tamén como un cuestionamento sobre diferentes modos de representación da paisaxe.

O inicio do proxecto hai que situalo en 2010, cando Javier Vallhonrat visita a colección fotográfica do Museo Universidad de Navarra en Pamplona para participar no proxecto Tender puentes e centra a súa atención en dúas fotografías do macizo da Maladeta, no Pireneo de Huesca, realizadas polo vizconde Joseph Vigier tras ascender desde Luchon ao Portillón de Benasque a 2.440 metros de altitude no verán de 1853. As fotografías de Vigier son un punto de partida e unha posibilidade de dialogar cun dos primeiros fotógrafos que se enfrontan á montaña desde unha experiencia directa

- See more at: http://cgac.xunta.es/GL/exposicion-detalle/59/javier_vallhonratGAL#ad-image-0