Primeira exposición de Jorge Barbi (A Guardia, Pontevedra, 1950), coa Galería SCQ, na que presenta novas series de traballos fotográficos baixo o título Otra cosecha. A partir dos seus paseos pola desembocadura do río Miño e da costa atlántica, Barbi recolle obxectos e materiais diversos atopados e traídos polas mareas ata terra firme. Despois de traballar con eles, desde os anos oitenta, como elementos escultóricos de sorprendentes e poéticos resultados, agora dá un paso máis alá coa súa presentación fotográfica e as manipulacións dixitais das imaxes.
Fonte: Atalaia