Juan Luis Moraza (Vitoria, 1960), reúne unha ampla escolma de obras, tanto de series anteriores como de nova creación, realizadas específicamente para a ocasión. E define sete seccións, que explican o concepto de traballo a través de diferentes escenarios da sociedade actual: Tug of Work, Erosis, Calendario de festas laborais, República, Software, Anormatividade e A festa como oficio.
A obra de Moraza desenvolvese especialmente no eido da escultura, concebida como un campo aberto de posibilidades capaces de integrar pinturas, obxectos, instalacións ou creación audiovisual en diferentes formatos, técnicas e contextos. A súa traxectoria sitúao nun lugar indiscutible dentro do panorama da arte contemporánea española, sendo un dos artistas máis destacados e influintes da súa xeración.
Fonte: MAC (A Coruña)