Atalaia

Juan Rivas. Tres cuartos. 2012
> Juan Rivas. Paisaxes tuneadas
Datas: 19/06/2014 - 30/09/2014

Artistas

Juan Rivas

Descrición

Juan Rivas Fernández (Pontevedra, 1974), licenciado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten obra no MAC da Coruña e participou de numerosas exposicións individuais e colectivas. Entre outros; Premio Auditorio de Galicia, Casa da Parra, Casa de Galicia en Madrid. Actualmente traballa tamén coa Galería Estampa de Madrid, onde presentou en 2012 a súa última exposición individual.

Na súa obra representa a paisaxe moderna, na multitude das súas representacións, para amosar o significado conceptual e sentimental que o autor lles adxudica. Como indicaba Fernando M. Vilanova, “non estamos diante dun impresionismo amable que pretenda instalar unha secuencia verde nun salón dunha mansión urbana. Non é un naturalismo expresivo que persiga o xesto cromático como enérxica mostra da súa vitalidade”. Rivas recolle nas súas pinturas un tapiz a modo de fotograma único da paisaxe real, onde a linea os elementos tradicionais cos que chirrian e chaman a atención, sendo unha captura da verdade visual dun país.

Fonte: Espacio 48