Atalaia

VIsta da exposición na Galería Bacelos (Vigo)
> Loretta Fahrenholz / Reena Spaulings
Datas: 05/06/2013 - 31/07/2013

Descrición

Loretta Fahrenholz e Reena Spaulings participan no proxecto producido pola galería Bacelos para a terceira edición da iniciativa Jugada a 3 bandas, co comisariado de Pedro de Llano. 

Baseada nunha obra de teatro da poeta e escritora Kathy Acker (Nova York, 1947-1997), Implosión (2011), a película de trinta minutos de duración que presenta Loretta Fahrenholz, constitúese como un experimento de tradución, non só entre medios e formatos, senón tamén entre décadas e corpos. Esta obra pode ser vista como a continuación ou a exacerbación dun xesto literario, iniciado por Acker, que escenificou un drama sobre a revolución francesa na cidade de Nova York, a principios dos oitenta, traspoñendo o seu contido histórico sobre a linguaxe e os corpos dos punks do downtown, os drogadictos e os traballadores sexuais.

Xunto este vídeo de Loretta Fahrenholz, Reena Spaulings ofrece un segundo punto de referencia da exposición en Bacelos. Tendo en conta o contexto da iniciativa Jugada a 3 bandas, enmarcada no proceso de transformación do sector galerístico que experimenta Madrid dun tempo a esta parte, a opción elixida foi convidar a unha artista ficticia, Reena Spaulings, creada en 2004 por un colectivo relacionado coa galería do mesmo nome de Nova York, que cuestiona e reformula a tradicional repartición de traballo no mundo da arte e a figura do autor.
Fonte: Galería Bacelos / Pedro de Llano 
Jugada a 3 bandas en Metrópolis (RTVE)

Loretta Fahrenholz. Implosion (2011) 

Reena Spaulings. How to Cook a Wolf (Kunsthalle Zurich)