Co texto clásico de Gustave Flaubert como punto de partida, esta instalación multipantalla de Mieke Bal e Michele Williams Gamaker, na que se reflicten os lazos que ligan o capitalismo e o amor romántico, é unha revisión da famosa novela do século XIX e foi gravada en Åland, Finlandia, durante o verán de 2012, e en París, Francia, no inverno do 2013.
A instalación Madame B. ofrece unha interpretación radicalmente nova do texto, chea dun poderoso simbolismo que reforza esta relectura. Deste xeito, cuestiona visualmente o papel da muller nunha sociedade dirixida polos impulsos masculinos. As pezas da instalación exploran diversos formatos visuais e demostran como estes tamén poden, por si mesmos, crear unha experiencia inmersiva.
Fonte: CGAC