Desde 1960, Malick Sidibé (Soloba, Mali, 1936), realizou fotografías no seu estudio de Bamako, Studio Malick. A gran cantidade de fotos que obtivo durante os anos 70 deron lugar a unha ampla catalogación de tipoloxías urbanas acadadas a través dun labor de documentación sincero e exento de complexos de superioridade. O resultado: unha fotografía afastada dos prexuízos da mirada occidental cara outras culturas. Ao contrario que outros fotógrafos, cuxa clientela reclútase fundamentalmente entre os círculos oficiais e notables de Mali, Sidibé, daquela un rapaz de vintetantos anos, interésase pola xuventude urbana de Bamako, inmersa na euforia da independencia do país, obtida en 1960. Malick Sidibé convírtese pronto no cronista desta cultura, non como observador na distancia, senón como un dos seus membros.
"Comecei na fotografía traballando cun fotógrafo francés no ano 1957. Daquela era o fotógrafo máis novo da cidade. Por sorte, era o único que tiña un flash e así comecei facer as fotografías das festas nocturnas. Estaba no estudo ata a medianoite ou unha da madrugada cando marchaba facer fotografías polas festas. Regresaba ao meu estudo, revelaba e o luns ou martes penduraba as fotos no meu negocio e así a xente nova as miraban e escollían as que máis lles gustaban."
O espello visual da moda no Mali do anos 60 son os carteis das películas e as portadas dos discos que inspiran aos modelos do fotógrafo. O verdadeiro valor da obra de Sidibé non reside tanto na súa innovación visual ou na orixinalidade da súa escrita formal, como no equilibrio de dúas forzas invisibles complementarias: dunha banda, a liberdade que o fotógrafo deixa aos seus modelos para a súa propia presentación e, pola outra, o lugar que el mesmo ocupa como escenógrafo. É iste talento o que lle converteu nun gran retratista. As súas imaxes foron realizadas pola necesidade antropolóxica de mostrarse e deixar unha imaxe de un mesmo para a posteridade e pola cualidade intrínseca da fotografía para servir de espello fiel destas imaxes.
"A música occidental cambiou moitas cousas naquela altura. Desde 1957 chegou música rock, ula-hop, swing… a música foi a verdadiera revolución de Mali. Para a xente do meu país é importante ter fotografías de si mesmos para poder enseñalas a súa famlia e amigos… é un xeito de acto social. Desde os anos 60 comecei facer fotos no meu propio estudo. Sobre todo á xente nova que lles gustaba moito facerse fotos coas súas mellores galas, os pendentes novos, os cabelos rizados, seu mellor reloxio, as pulseiras… tamén había persoas que querían fotografiarse co seu rebaño, coa súa moto… para amosar as súas pertenzas aos demais, para ensinarlles ao resto a súa vida."
Desde o seu redescubrimento nun dos primeiros Rencontres Africaines de la Photographie en Bamako, en 1994, a atención posta na obra fotográfica de Malick Sidibé non parou de crecer, tanto no mundo da arte occidental como entre os novos fotógrafos africanos.
"Cando comecei fotografiar xamais imaxinei que, despois duns anos, as miñas fotos viaxarían por todo o mundo. Facía fotografías para a xente, para o meu país… as miñas fotografías son una forma de turismo porque cando as observas é como se viaxaras a Mali."
Texto extraído da entrevista a Malick Sidibé: Debo seguir trabajando mucho más y mucho mejor, La Fábrica Digital. Xuño, Madrid, 2009.
Fonte: Galería Trinta (marzo 2012).