A galería viguesa Bacelos presenta unha selección de obras recentes do artista portugués Manuel Caeiro (Évora, 1975), que na actualidade vive e reside en Lisboa. Caeiro cuestiona a pintura a través da repetición de formas, e con cada xesto insiste na procura dunha idea para multiplicar a súa secuencia e xerar o ritmo final. O artista traballa o detalle como disparador para cada nova imaxe, e faino sempre a partir da memoria do que foi construído, na procura dunha nove orde. A través de composicións e imaxes planas en cadros e traballos sobre papel, ou de esculturas con vocación case de instalación, a obra de Manuel Caeiro densevólvese con elementos recorrentes como son armazóns, módulos, repeticións e variacións, tubos fluorescentes, luz e cor, para ofrecer unha ollada cara as interioridades do construtivo como sistema e das aparencias como feito visual.
Fonte: Galería Bacelos