Atalaia

Manuel Moldes. O abó Gran Dida no sillón. 1983
> Manuel Moldes. Pontevedra suite 1983-1987
Datas: 27/07/2017 - 17/09/2017

Artistas

Manuel Moldes

Descrición

Pontevedra suite 1983-1987 recolle a obra do artista pontevedrés Manuel Moldes realizada durante uns anos transcendentais no seu proceso creador. Na mostra, comisariada por Ángel Cerviño e coordinada por Alberto González-Alegre preséntase ao público unha ampla escolma das obras que resultan fundamentais na súa carreira artística. En apenas cinco anos, entre 1983 e 1987, Manuel Moldes vivirá unha etapa de excepcional creatividade e realizará algunhas das series pictóricas especialmente significativas e esenciais da súa carreira, entre as que, sen dúbida, se atopan non poucas das súas indiscutibles obras mestras.

Fonte: Museo de Pontevedra