Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Dezaseis esculturas e unha vintena de obras sobre papel conforman a exposición deste artista de orixe portuguesa que leva máis de tres décadas instalado en Ferrol. Son obras que abarcan dende finais do pasado milenio e que conforman unha das plásticas máis suxestivas da arte galega actual. Densas esculturas de aceiro, galvanizado, inoxidable ou pintado que nacen dende os trazos sobre papel.
Fonte: Concello de A Coruña