Atalaia

María Xosé Díaz. Dous detalles da mostra 2000 M2
> María Xosé Díaz. 2000 M2
Datas: 21/01/2011 - 23/02/2011

Descrición

Na exposición 2000 M2, case un ano despois da súa retrospectiva 1980-2010 no compostelán Auditorio de Galicia, María Xosé Díaz insiste na súa investigación coa escaiola como fío conductor para seguir a desenvolver o seu último proxecto. Nese desexo de atrapar parte do seu xardín, o seu alter ego creativo, e ofrecelo ao espectador, presenta unha instalación quince metros cadrados na que espazo, sensibilidade e luz son os elementos capaces de xerar e transmitir sensacións ao público que a circunda.

A exposición permanecerá aberta entre do 21 de xaneiro ao 23 de febreiro do 2011, en horario de 19,00 a 21,00 horas de luns a venres, e de 12,30 a 14,00 horas os sábados.

Fonte: Galería Pardo Bazán